
Despois de este poético mes de marzo, abril coas súas augas mil, chama á nosa porta co arrecendos de flores e froitos que andan a agromar, como agromará un maio ben florido en Letras, da man de Alvarez Blázquez.
Rosalía, a nosa grande poeta. deixounos este fermoso e inesquecible poema para cantar ao mes de abril, non temos mais que vos dicir.
Nasin cand' as prantas nasen,
no mes das froles nasin,
nunh' alborada mainíña,
nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
mais á dó triste sorrir
con espiñas para todos
sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
tod' acabou para min,
qu' eras tí para min todo
miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felis?
Duro crabo me encrabaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei que quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corason che mando
c' unha chave par' ó abrir,
nin eu teño mais que darche,
nin ti mais que me pedir.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario