25.3.08

"Un poema para..." de Quinto B

As alumnas de 5º B deixáronnos estes fermosos poemas:





Para unha nube:

As nubes branquiñas


que sonmoi brandiñas


asoman a cara

a todas as casas.

As nubes branquiñas


que son bonitiñas


mírannos a todos


cuns sorrisos amorosos.

Tamara Sánchez Verdía

Para un sol

O sol vai


paseando pola beiriña


coa súa mochiliña


dándonos moita alegría.

Fuinos comprar

cousas riquiñas,


unha monequiña


coa súa diademiña.

Saray

Para un corazón

O meu corazón

eche grandón

pero non para
as cousas malas.

O meu corazón

eche xigante

pero non para a guerra,

senon para o teu amor.

O meu corazón

eche sinxelo

e está cheo de amor

e cheo de felicidade.

O meu corazón

eche cariñeiro

eche sinxelo

e está cheo de amor...

Idoia

Para un mesón

No mesón

hai un pastelón


que o comeu un camión


polo rodón.

No mesón


hai un chuletón


que o comeu un león


moi raposón.

Manoel

No hay comentarios.: