29.3.08

"Un poema para..." de Segundo B

Os nenos e nenas de 2º B andiveron a xogar coas baleas no fondo do mar e tamén no patio dos esquíos para nos deixar estes fermosos poemas que ilustraron oi ben, pois son uns artistas.

Para unha balea:


A balea

chámase Bea.



A balea

xoga con Nerea.


Que bonitas as baleas

todas nadando na rea.



Eu soltei unha balea

que triña presa coa cadea.

Teño de mascota unha balea

a que lle chamo Nerea.

Onte vin unha balea

cando subíu a marea.

A vella balea

foi quen gañou a pelea.

Para un esquío



Eu vin un esquío

que caeu no río.


Regaloume o meu tío

un bonito esquío.


Bauticei un esquío

e chámolle Darío.

O pequeno esquío

ten moito frío.



Ao vello esquío

gústalle bañarse no río.



Mira como corre o esquío

para chegar ao río.


--

No hay comentarios.: