25.1.08

Día da Paz




Este ano para celebrar o Día da Paz, construiremos entre todos un mandala na entrada do Colexio, que quere ser un berro silencioso e sereno para pedir paz.


Mandala significa círculo en sánscrito, Teñen a súa orixe na India, é son coñecidas en todas as culturas. Na Psicoloxía, o mandala representa ao ser humano.

Consiste nunha serie de formas xeométricas concéntricas organizadas en diversos niveis visuais. As formas básicas máis utilizadas son: círculos, triángulos, cadrados e rectángulo.

O traballo de meditación con mandalas pode consistir na observación do debuxo uns cinco minutos, escoitando unha música suave para conseguir a relaxación.

Significado:
Círculo: Movemento. O absoluto. O verdadeiro eu.
Corazón: Sol. Amor. Felicidade. Alegría. Sentimento de unión.
Cruz: Unión do ceo e a terra. Vida e morte. O consciente e o inconsciente.
Cadrado: Procesos da natureza. Estabilidade. Equilibrio.
Estrela:Símbolo do espiritual. Liberdade. Elevación.
Espiral: Vitalidade. Enerxías curativas. Procura constante da totalidade.
Hexágono: unión dos contrarios.
Labirinto: implica a procura do propio centro.
Bolboreta: autorenovación da alma. tansformación e morte.
Pentágono: silueta do corpo humano. Terra, auga, lume.

Significado das cores?
O uso das cores nos mandalas tamén ten un significado especial. O seu uso está relacionado co estado de ánimo de quen os pinta ou debuxa.
Branco: nada, pureza, iluminación, perfección.
Negro: morte, limitación persoal, misterio, renacemento, ignorancia.
Gris: neutralidade, sabedoría, renovación.
Vermello: masculino, sensualidade, amor, arraigamiento, paixón.
Azul: tranquilidade, paz, felicidade, satisfacción, alegría.
Amarelo: sol, luz, jovialidad, simpatía, receptividade.
Laranxa: enerxía, dinamismo, ambición, tenrura, valor.
Rosa: aspectos femininos e infantís, dozura, altruísmo.
Morado: amor ao próximo, idealismo e sabedoría.
Verde: natureza, equilibrio, crecemento, esperanza.
Violeta: música, maxia, espiritualidade, transformación, inspiración.
Ouro: sabedoría, claridade, lucidez, vitalidade.
Prata: capacidades extrasensoriales, emocións fluctuantes, benestar

Para saber máis:

Mandala

No hay comentarios.: