Estimados/as compañeiros/as:
O grupo de pondalistas de Ponteceso, que este vindeiro mes de decembro celebramos o centenario da estrea do Himno Galego na Habana, comunicámosvos que queremos que festexedes con nós esta data desde as vosas aulas e desde a rúa.
Como docentes comprometidos coa cultura do noso país, especialmente os de lingua galega, sería de interese que fixésedes referencia a esta conmemoración na aula os días previos ao 20 con algunhas actividades, e mesmo interpretedes o himno co voso alumnado o día 20 de decembro ás 12.00 no salón de actos, patio ou local destinado para a ocasión.
Por outra banda, nas rúas e prazas do país, as institucións e colectivos culturais de Galicia poderían programar actos musicais relacionados co Himno nos que tampouco podería faltar a súa interpretación acompañados de bandas de música, de gaitas ou outros instrumentos.
Agradecidos por participar na divulgación do centenario do noso Himno.
O grupo de pondalistas de Ponteceso.
Remiten tamén este enlace con acrividades para E.S.O.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario