9.12.08

Concurso-Exposición Letras 2009

Concurso - Exposición Letras Galegas 2009

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas de 2009, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado este ano, Ramón Piñeiro López, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
Dirixido a centros de ensino públicos e privados, establécense dúas categorías:
A) para os centros de educación infantil e primaria;
B) para os restantes.
Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías, se así o quixeren.
Os traballos entregaranse en formato dixital, acompañado da reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Central da Xunta de Galicia ou nos das súas delegacións provinciais. O prazo para participar remata o día 22 de febreiro.
As dúas exposicións elixidas recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 €.

No hay comentarios.: