12.5.08

Sintonía mes de maio

O EDN quere convidar a todos os alumnos e alumas do centro á celebración das Letras.
A música que está a soar nestes días é:

OS ANIMAIS
Melodía tradicional irlandesa
Interpretada por LUAR NA LUBRE


Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
van subindo á Arca de dous en dous
o boi, a vaca e o caracol
e suben cando chove e cando fai calor.

Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
van subindo á nave de tres en tres
a garza farta e o cempés
din adeus coa súa patiña,
andando do revés.

Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
van de catro en catroos animais
e o saltón saltou de máis
quere pillalo un home que filma documentais.

Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
e se van marchando en procesión
o lince, a ovella e o leiron
ao afundirse a terra, acaba esta canción
cando se afunda a terra, acaba esta canción.
Esperamos que disfurtedes con eles!

No hay comentarios.: