
O Equipo de Normalización e o de Extraescolares do centro, acordaron como elemento motivador da celebración das Letras 2007, o lema:
MIL PRIMAVERAS PARA A NOSA LINGUA
"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"
Letras 1991